20.3.06

TÉCNICOS DE INVESTIGACIÓN EN PRECARIO, para unha investigación precarizada


No amplo campo da investigación, que xunto coa docencia son as dúas grandes razóns de existir da universidade, pensamos que a política aplicada ós servizos xerais de investigación debe ser un servizo á comunidade universitaria e de ruptura co exclusivismo individualista que se ven fomentando nos grupos de investigación departamentais.

Os servizos son prestados por persoal que forma parte da RPT de PAS laboral, que a pesar das modificacións realizadas nos últimos anos, segue a realizar o seu traballo moitas veces dun xeito precario, con postos de traballo que non cumpren unhas mínimas condicións de Prevención de Riscos, con funcións tan pouco definidas que acaban facendo de todo para que o traballo saia adiante, formando parte de reinos de taifas co que isto conleva de dependencia e cuxa formación depende da súa boa vontade xa que apenas se ten en conta nos distintos Plans de Formación. E xunto a eles unha morea de contratados e contratadas, bolseiros e bolseiras a quen o actual equipo reitoral non foi quen de regularizar a pesar do acordo a que se chegou coas organizacións sindicais, pero non houbo vontade política de levalo adiante.

No hay comentarios: