- Que se elabore unha RPT real e teórica cunha planificación temporal a varios anos, que teña en conta as necesidades que os novos Plans académicos e a incidencia das novas tecnoloxías van facer necesarios para unha mellor prestación dos servizos.
- A implantación negociada dunha mellor prestación dos servizos a través da coordinación xerencial das distintas áreas e a elaboración de manuais de procedemento e de funcións, e da racionalización dos complementos retributivos.
- A delimitación clara dos servizos complementarios ou instrumentais que poderían non ter que ser prestados a través da xestión pública.
- Que se doten os medios necesarios para ter un espazo de formación permanente do PAS no que desenvolver as accións dos Plans de Formación, que unha vez superado o periodo xeneralista, deben ir orientados a unha formación máis específica e especializada que proporcione ó persoal dos coñecementos e ferramentas actualizadas necesarias. Deben abrirse métodos e medios económicos suficientes para a formación externa e/ou on line.
Todo isto debe ser inserido nunha carta de dereitos e deberes que hai xa 1 ano debería estar aprobada, e que é un máis dos incumprimentos de Senén e Cia., o REGULAMENTO DO PAS, no que ademáis debería avanzarse dun xeito definitivo na maior unificación posible do réxime de prestación de servizos do Persoal, dos sitemas de promoción, provisión e selección de persoal, da xornada, vacacións, permisos e licencias e do réxime retributivo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario