PARTE I: Denunciando a conspiración, desacreditando as mentiras, organizando a resistencia sen fisuras... Fai pleno ao 15 votando a lista completa de A Trabe en Santiago ou aos 3 presentados por Lugo... E vota en branco na elección a Reitor... Non te absteñas nen votes nulo... O teu voto branco terá valor nestas eleccións...
(E fomos ficando sós, o mar, o barco e máis nos ... (MANOEL-ANTONIO, poeta mariñeiro, do seu libro "De catro en catro"))
Ben hoxe remata xa a campaña electoral e mañá seica “estamos en guerra pero hai que reflexionar” que cantaban Antón Reixa e os Resentidos….
Falabamos no anterior capítulo do silandeiro pero expansivo proceso de “Abduccións a esgalla” que se estaban producindo na USC nos últimos anos (ver capítulo 2)….
Por abducir, abduciron até ao famoso e rebuldeiro “esquío” que aparecera polo Claustro da Reitoría cando gobernaba Darío Villanueva…. desapareceu sen deixar sinais, agás unhas misteriosas e escuras referencias do propio Darío no seu derradeiro discurso, o de despedida como Reitor… e a súa imaxe entre as máns de Darío, no cadro que deste último Reitor colga en San Xerome, cal se do enigmático e malicioso Dr. NO da serie de debuxos do inspector Gadget se tratase…¿Sería o pobre esquío da reitoría a primeira vítima do comezo “en práticas” desta terrible conspiración contra a universidade pública de cuias posteriores e múltiples abduccións xa falamos en capítulos anteriores?
Mañán é día de reflexión e o 10 de maio espérannos as urnas…Pero… rematará aquí o noso expediente X? Terán fin aquí as secuencias dos fenómenos estranos observados nos últimos anos no seo da nosa benquerida USC tras as eleccións ou pola contra continuará a conspiración aumentando o ritmo de abduccións até acadar totalmente os seus perigosos fíns para os cidadáns e a sociedade galega? .
Vemos difícil que remate aí, e por iso, antes de continuar dándovos conta das últimas probas que fomos arrecandando arredor desta “conspiración” que, sí, que existe, contra a universidade pública, vémonos na obriga de insistir e lembrarvos que esta segue, que o 10 de maio non remata nen se soluciona todo.
Haberá que seguir, haberá que estar aí, para evitar que poidan seguir conspirando e traballando “coas mans libres”, para que saiban que coñecemenos a súa existencia e as súas mentiras, artimañas, manipulacións e perigosas intencións e que seguiremos resistíndonos e combatendo pola Universidade Pública…..
É NECESARIO DAR UN PRIMEIRO PASO PARA COMEZAR A ORGANIZAR A RESISTENCIA…. O PAS TEN QUE IR VOTAR MASIVA E MAIORITARIAMENTE NAS ELECCIÓNS DO PRÓXIMO MÉRCORES 10 DE MAIO….NON FACELO SERÁ DEIXARLLES AS MANS LIBRES AOS QUE URDEN ESTA CONSPIRACIÓN E EQUIVALERÍA A “SUICIDARSE” OU DEIXARSE “EXTERNALIZAR” COMO SECTOR DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA SEN OPOR RESISTENCIA, DÓCIL E SUMISAMENTE…
Por iso vémonos na necesidade de recorrer á túa, á vosa colaboración, a de todos os PAS, como cidadáns, como membros da comunidade universitaria e como traballadores dela, para chamarvos á participación masiva nas eleccións do 10 de maio…. Acude a votar, e convence a todos os compañeiros e compañeiras que poidas da importancia de votar ese día…….
PARA O CLAUSTRO, para que siga existindo unha Voz propia, unha voz crítica, unha voz defensora do PAS e da Universidade Pública que non se deixa abducir, que non se limita a estar e asentir, que participará e representará ao PAS activa, crítica, construtiva, reivindicativa e rebelde para non deixar que “enterren” á USC nun camiño sen retorno de UNIS, privatizacións, desleixos co persoal…..VOTA AOS CANDIDATOS DO COLECTIVO NACIONALISTA DE PAS A TRABE…. E VOTÁOS A TODOS ELES PARA QUE SEXAN CANTOS MÁIS MELLOR OS QUE VAIAN NESA MESMA LIÑA QUE EXPRESAMOS TODOS ESTES DÍAS DE CAMPAÑA TANTO NESTE BLOG COMO NA REVISTA IMPRESA DE A TRABE… PARA QUE QUEN GOBERNE A USC, SEXA QUEN SEXA, SAIBA QUE TERÁ NO CLAUSTRO QUEN CONTROLE, APOIE SE SON POSITIVAS, PERO TAMÉN CRITIQUE, EMENDE, REIVINDIQUE E DENUNCIE AS SÚAS ACCIÓNS DE GOBERNO SE SEGUEN POR ESTE MAL CAMIÑO QUE LEVAMOS NESTES ÚLTIMOS ANOS…..FAI UN PLENO AO 15 EN SANTIAGO OU MARCA ÁS “LEIRIÑAS” (TRES EN RAIA) EN LUGO…
PARA A ELECCIÓN A REITOR
VOTA EN BRANCO…
Pero acude a votar, non faltes, participa, manifesta o teu interese e manifesta o teu descontento coas actuais e únicas alternativas, non cales, non os deixes de "mans libres"...
Que o voto de PAS sexa un voto masivo, maioritario, que lles diga claramente a todos estes señores, que fomos, somos, e seguiremos sendo membros activos e participativos desta comunidade universitaria compostelán aínda que pretendan excluírnos na prática coa súa política real.
Que manifeste claramente que non estamos de acordo co camiño de desleixo e deslixitimación da Universidade Pública que levan enfíado nestes anos de reitorías de Villanueva e Barro, de PUP e CU….
Que os PAS non temos por que ser sempre os “paganos” da súas nefastas políticas, tanto económicas (UNIS, despilfarro, mala xestión, …) como de persoal (desestruturación, abandono, caos, provocación, fomento do desencanto e desánimo profesionais e do desinterese pola institución….)
E que non nos vale que pretendan agora “envolvelo” con grandes promesas electorais, de “resarcirnos” de “recuperación do poder adquisitvo” nen “engadindo” ao paquete a “cadratura do circo” en tres plataformas (PUP-CU-UA)…
VOTO EN BRANCO
Porque tampouco podemos apoiar como alternativa a “aventureiros” disque “independentes” que nen apareceron nen se soubo ben onde estiveron todos estes anos nos que xa era evidente que facían falta voces discrepantes, alternativas á mala política deste e de anteriores equipos reitorais… Non podemos acreditar en que só aparece á última hora, nunhas eleccións postulándose como alternativa sen dar alternativas reais e amosando un grande descoñecemento sobre a comunidade universitaria compostelana…., tendo en conta ademáis que as poucas referencias que se teñen destes “aparecidos” non son tampouco moi “halagüeñas” (director xeral coa xunta do PP de don Manuel, 1º presidente da recén fundada por Darío Villanueva, Asociación de Antigos alumnos e amigos da USC…. e algunhas outras “froles” de mostra).
Porque os PAS, non acreditamos nas falacias ...
Porque temos os feitos dos teus catro anos de Reitor aínda moi frescos, e moi recentes, Senén… porque aínda que agora nos prometas “o ouro e o mouro” sabemos e vemos que segues “emperrenchado” no teu camiño de UNIS, e de precariedade para o PAS…. Aínda hai pouco que te negaches á igualación salarial dos PAS da USC cos de Vigo e Coruña con palabras pouco amables e máis ben adustas que figuran nas hemerotecas…..
Porque os “outros”, por moito que se fagan ver hoxe e por moito que digan, non estiveron onde tiñan que estar e cando tiñan que estar, porque en realidade tampouco hoxe se sabe moi ben onde están, e por eso non son fiables…..
Porque ningún dos dous candidatos e candidaturas nos ides comer o coco ós PAS nestas eleccións a Reitor…
PORQUE…. GAÑE O QUE GAÑE ESTAS ELECCIÓNS A REITOR DOS DOUS CANDIDATOS PRESENTADOS, TERÁ QUE SABER QUE O PAS ESTÁ E SEGUIRÁ A ESTAR AQUÍ, QUE É FUNDAMENTAL PARA O BÓ FUNCIONAMENTO DA INSTITUCIÓN E TERÁ QUE TELO EN CONTA Á HORA DE EXERCER A SÚA ACCIÓN DE GOBERNO…. E AÍNDA QUE O PRETENDA, SABE QUE NON SE PODERÁ DESFACER DOADAMENTE DO PAS, PORQUE SABE QUE É UN SECTOR ACTIVO E LOITADOR… E SABEN QUE CANDO MENOS TERÁ QUE CONTAR COA SEMPRE FIRME E TENAZ ACCIÓN DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS ALTERNATIVAS, CONTROL, CRÍTICA E DENUNCIA DOS CLAUSTRAIS QUE SAIAN ELIXIDOS POLA TRABE.
A VERDADE ESTÁ ALÁ FÓRA… Truth is out there
E NÓS NON ACREDITAMOS NAS MENTIRAS... We don't believe the lie.