
Cincocentos anos evoluíndo cos avatares da historia
1978: recuperamos a democracia.
Anos 80: Apróbase a LRU , as universidades intentan adaptarse aos novos tempos democráticos . Con moitas eivas e imperfeccións. Pero mellor iso que nada.
A USC “ferve”, está viva con gran participación de todos os sectores e un intenso debate no que prevalece a idea dunha maioría progresista defensora do seu carácter público. Elíxense os primeiros Claustros democráticos, os seus membros elixen ao reitor. Xeránse grandes expectativas e ilusións sobre o seu futuro e a súa utilidade social, pero...
A Universidade é un ente vivo que medra influenciado pola terra e o clima no que se asenta. Non é un ente alleo á realidade. As circunstancias políticas e sociais condicionan o seu desenvolvemento.
Van alá 24 anos e seis procesos electorais.... A nosa sociedade estivo gobernada nos últimos anos pola dereita tanto a nivel autonómico coma estatal e viuse envolta nos cambios que esta trouxo deixándose mergullar nunha vaga de dereitización, desregulación e desvalorización dos servizos públicos no camiño da mercantilización total da sociedade e por suposto tamén da educación...
Os equipos reitorais da USC, especialmente nos últimos doce anos, cunha clara alianza da PUP (teórica plataforma progresista) e CU (a plataforma da dereita universitaria), entraron de cheo nese perigoso camiño. Oito anos de gobernos “triunfais” e da “excelencia” de Darío Villanueva, adicados íntegramente á imaxe e á parafernalia nos medios de comunicación. Todo foi fasto nefasto que conseguiron elevar á USC ás máis altas cimas da “miseria” económica. Catro anos de goberno de Barro, adicados a tapar esta desfeita, sen darlle solución e afondando aínda máis na falta de transparencia, participación e debate. Seguindo fielmente as instruccións da Xunta do PP e de don Manuel e facéndonos pagar o “pato” á comunidade universitaria e á sociedade galega.
Nestes momento atopámonos ás portas da SÉTIMA CONVOCATORIA electoral (a piques de suspender?). O dez de maio a USC examínase novamente pero.... ten os deberes feitos?
Foi quen de cumprir as expectativas xeneradas como Universidade pública galega?
Cal foi o camiño percorrido? Cales as ilusións, as esperanzas e os proxectos que se perderon nel? U-la participación, debate, “democracia universitaria”?
Acrescentouse ou mermou o seu carácter público?
Son as UNIS (xest, risco, emprende,dixital, tenda ....) parte do problema ou da solución?

Son moitas preguntas sen resposta e por iso iniciamos este blog para coa experimentada axuda de Fox “raposo” Mulder e Dona Dana Scully intentar no decorrer destes días de campaña, PASo a PASo con convicción, ir desentrañando este enigmático expediente Xis.
Para iso esperamos poder contar coa vosa inestimable axuda, para seguir enfrentándonos a esta conspiración contra a Universidade Pública.
PARTICIPA diariamente nesta investigación. Achéganos as probas, comentarios e propostas que consideres oportunas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario