26.4.06

26/04/06 PASO A PASO CON CONVICCIÓN

Hai 16 anos propoñíamos: que che medre... a túa forza no claustro con CAPAS (Candidatura Aberta do PAS), hai 12 anos, xa como A TRABE, poñiámonos “a pe de obra”, hai 8 anos “Espiamos o esforzo” e hai 4 anos reincidiamos na idea do esforzo e da participación propoñendo un proxecto para ser “arte e parte”, sempre “PASO a PASO con convicción”

Como é sabido o PAS non foi arte e parte a pesar da nosa vontade de selo, e tendo en conta a política que fixo este equipo reitoral todo o PAS comprenderá que nós non tivemos, arte nin parte, máis ben fomos obxecto de tocamento nas partes.
Foron catro anos de desgoberno que contribuíron ao avance no proceso de mercantilización da Universidade Pública. Alguén calificou a este equipo de Goberno como “O goberno medusa” pois careceu da columna vertebral dunha política coherente. A situación financeira acadou límites catastróficos, mentres, o discurso político combina a palabra calidade cunha ampla fraseoloxía e UNIXEST, como alguen dicía na lista da TRABE, medra coma un poliño de cuco nun niño de Paporroibo.


Poderiamos facer un relatorio amplísimo sobre a xestión e concretamente sobre a xestión de PAS deste equipo e dos anteriores de Darío Villanueva, de como incumpliron ata o mandato estatutario de aprobar o Regulamento de PAS, de como mantiveron unhas relacións laborais torpes e sectarias, de como foron destruíndo todos os garantes dunha xestión transparente e non arbitraria, de como efectivamente cometeron e están cometendo arbitrariedades e incluso ilegalidades, como viñeron a demostrar varias sentencias, de como fixeron recaer no PAS o seu Plan de Equilibrio Económico e Financeiro (PEEF) mentres gastaban o equivalente en prebendas e deixaban os seus apoios a salvo. Poderiamos encher páxinas con todo isto, mais aínda así temos que dicir que non é a única, atrevemonos a dicir que nin a máis importante, razón que nos leva a ser críticos e a considerar que...

Pola parte que nos toca...

Non podemos confiar, a día de hoxe, nas alternativas que se nos presentan nestas eleccións a Reitor.

No hay comentarios: