Como traballadores da Administración Pública temos a responsabilidade de que a prestación de servizos aos usuarios sexa a mellor posible, ademais da responsabilidade de tipo deontolóxico, a necesidade de prestixiar o Servizo Público. Tamén por iso somos moi críticos coas políticas de PAS dos últimos equipos reitorales que contribuíron moi eficazmente á desmotivación e á perda de confianza na propia institución por parte dos traballadores, sen embargo esto non nos libra da nosa responsabilidade, cumprindo co noso traballo asegurando que os usuarios teñan sempre o servizo que demandan e esixindo aos responsables os medios e as políticas axeitadas.

2 comentarios:
Felicitacións! Un traballo excelente. Perfecta entrada na blogsfera, por todo o alto: ben pola idea, ben polo diseño e moi ben polos contidos. Agora que non esmoreza e a ver si a xente se anima e se convirte nun ámbito de participación e debate. Veñen malos tempos e boa falta nos van facer estos sitios nos que xuntarnos, animarnos e axudarnos uns aos outros a buscar e encontrar as saídas. O último entusiasta dunha revolución que nos leve a unha vida mellor fai tempo que marchou e apagou a luz. Deixounos a escuras. Así que imos ter que apañarnos deste xeito, ombro con ombro, palabra con palabra... Diante destas eleccións a sensación de orfandade é atroz: non quedou ninguén defendendo a plaza con nós. Os últimos que lembramos agoran marchan entre as tropas que levan anos saqueandonos. Esa suma de allos e bugallos que nos ofrecen só pode dar lugar un tranxénico deforme e incomible.
A ver si cando menos contribuímos a desmontar esta farsa "emprendedora", mercantil e avariciosa que se ven apoderando de todos os rincóns da universidade pública, da USC pública.
Así, no colmo do cinismo, resulta que os "emprendedores" inician o seu programa electoral cunhas loas e un compromiso coa universidade pública, compromiso que xa se pudo verificar todos estos anos no desenvolvemento dunha liña completa de unichiriguitos.
Ao fin de contas tiña razón aquel amigo que dicia que o único xeito que estos conciben para protexer o carácter público das universidades só pode rematar na creación dunha "Unipública".
Vou manter anónima a identidade (por agora), a ver si dese xeito, cando menos, consigo despertar a curiosidade e o interés entre os visitantes do blog e tamén entre os seus xestores. ¿Serei un alterego trasto e rebelde de Senén? ¿Ou serei unha identidade falsa de Falguera ensaiando para infiltrarse nunha perigosa célula dos CAF xurdida entre os alumnos da escola infantil breogan?¿Ou serei un Mayan agochado nas sombras do anonimato para poder cortar calquera cabeza nacionalista que se asome, en tanto vixilo o cruce de pernas da moza con faldas na primeira fila? ...
Nada mellor que un certo misterio para manter a atención.
Volvendo ao comezo, o dito: hai un gran traballo neste blog (e tamén na revista).
Pues a mi ya me dejaste en suspenso pero apoyo todo lo que as escrito, estamos quedandonos solos y tendermos que arrimar el hombro todos en esta "lucha". Pas unido siempre. Ánimo
Publicar un comentario