Pola parte que nos toca: Eleccións a Reitor
Juan Casares, aspirante a reitor, encabeza unha candidatura que inevitablemente está destinada a artellarse, ao menos neste momento, sobre o descontento e o cabreo como amalgama de coesión, lexítimo, pero non somos capaces de acreditar que se poda erguer un proxecto con garantías de viabilidade. O tempo encargarase de resolver esta cuestión, pero o único certo a día de hoxe é que configuran un proxecto que non coñecemos e do que non temos referencias suficientes para contrastalo.
Non ter participado nos gobernos recentes da USC líbraos, aos nosos ollos, de ter perdido a credibilidade para gobernar, pero a súa ausencia tamén como oposición activa durante todos estos anos failles carecer do bagaxe necesario para dotar ao seu proxecto da outra credibilidade política que tamén se reclama nestes casos. É como dicir que son descoñecidos políticos na USC, e aínda que esto non descalifica por si, apoialos desde o descoñecemento casi total no que hoxe nos atopamos seria pedirlle aos compañeiros e compañeiras do PAS que entregaran un cheque en branco, algo que en coherencia coa nosa traxectoria e as nosas conviccións non podemos facer. A Trabe non asina, nen endosa, cheques en branco.
Por todo o dito, consideramos que o PAS non pode votar a este candidato e como, por limitacións legais, non podemos presentar un candidato a Reitor, mais ca de forma simbólica, a nosa opción nas eleccións a Reitor é: ¡VOTO EN BRANCO! Participativo, activo, crítico, e a ser posible, coa vosa decisión, maioritario no colectivo PAS...
5.5.06
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Votar en branco pode supoñer que gañen os votos "dos cabreados". Ollo con Casares que é un lobo con pel de ovella. Preguntade ós que traballaron as súas ordes na Consellería. Preguntade @s nos@s compañeir@s da USC (profesorado, secretaria xeral, xerencia..) que tiveron sue "sofrir" os seus cabreos.
Ainda de Senen no é un bo candidato a alternativa é moito peor. Pensemolo!!!
Publicar un comentario