6ª Parada: Campus Sur
Lugo-Compostela- Claustro da USC

- Xosé Antón Freire Ramos. Xa foi membro de todos os órganos da Universidade habidos e por haber, e ademais en múltiples ocasións. Poderíamos nomealos pero seguro que se nos esquece algún. Agora vólvese presentar, como non podía ser doutro xeito.
- Chus González Torre. Dende hai algúns anos forma parte do Comité de Saúde Laboral, do Claustro, da Xunta Electoral Central, do equipo de fútbol feminino ...., e como aínda lle quedan folgos, quere seguir formando parte do Claustro.
E ESTE É O RESULTADO FINAL DESTA VIAXE. 2 AUTOBUSES CHEOS DE CANDIDATOS QUE ESPERAN RECIBIR O TEU APOIO O MÉRCORES.

POLA PARTE QUE NOS TOCA, QUEREMOSTE DAR AS GRAZAS POR VIAXAR CON NÓS DURANTE ESTES DÍAS.
2 comentarios:
NON SEI COMO DADES CONSERVADO O SORRISO DESPOIS DUNHA VIAXE DE TANTOS DÍAS!!!!!!!! EU ESTARÍA MAREADA E APIQUES DE JOMITAR. VESE QUE ESTADES PREPARADOS PARA ATURAR NO CLAUSTRO E TODO O QUE VOS BOTEN, ASÍ QUE ÁNIMO E CONTADE CO MEU VOTO
Ásí, así, acelerando que pronto estaredes no auditoria dando guerra.........Sorte a todos
Publicar un comentario