20.3.06

SERVIZO DE PUBLICACIÓNS, externalización camiño da extinción?


Hai 4 anos propoñiamos a conversión do Servizo de Publicacións nunha editorial universitaria, ampliando os seus medios técnicos e humanos para enfrontar unha acción editorial activa e planificada: Hoxe esa proposta hai que adaptala polos cambios que se produciron nalgúns dos servizos implicados, principalmente a consecuencia das privatizacións-externalizacións: Imprenta Universitaria co reforzamento de UNIDIXITAL até metela nos baixos do propio Servizo de Publicacións e toda a parte de comunicacións que se contrataron a empresas ou se trasladou directamente a UNIXEST e a falta dunha política coherente no que atinxe á docencia non presencial e, en xeral, a todas as áreas e os recursos necesarios para conformar o chamado “Campus Virtual” e, tamén, as relacións para a coordinación como a BUSC reforzando o intercambio científico. Aínda estamos a tempo de reestruturar orgánica e funcionalmente para integrar nun único servizo o que constitúen os seus piares básicos: Servizo de Publicacións, Imprenta Universitaria e servizos relacionados coas TIC. Incluído O SERVIMAV que debería encargarse entre outras cousas da dixitalización de fondos xa existentes na Universidade e da creación de materiais para a docencia virtual. Tendo en conta ademais que as novas tecnoloxías transformaron e están a transformar o sector aceleradamente, especialmente a impresión dixital, propoñemos como solución máis lóxica e racional a separación destas áreas profesionais na Imprenta, de xeito que se sitúe a área de preimpresión, convertida tamén nun centro de impresión dixital, nos locais que se están construíndo para UNIDIXITAL e obviamente a desaparición de UNIDIXITAL

No hay comentarios: