20.3.06

BIBLIOTECA, casa das palabras... incumpridas


Nos actuais estatutos concíbese a biblioteca como un centro de recursos para a aprendizaxe, pero ningunha medida se leva adoptado para convertela en tal. A pesar dos avances producidos nos últimos anos en canto á oferta de servizos accesibles electronicamente, as nosas bibliotecas seguen sen contar coas dotacións informáticas necesarias para que masivamente se poida facer uso delas desde as súas instalacións, sen contar con aulas de formación que faciliten o seu uso e difusión, sen locais para traballo en grupo... e sobre a necesaria implicación de servizos informáticos e biblioteca nin se falou. Só a última hora se constituíu un grupo de traballo para elaborar un Plan Estratéxico da Biblioteca, pero qué podemos esperar do cumprimento das liñas que este grupo marque, se despois de 2 anos o equipo Reitoral apenas adoptou ningunha decisión que corrixa as deficiencias que levaron a que a avaliación da BUSC non acadara o certificado de calidade.

E todo isto ás portas da entrada do Espazo Europeo de Educación Superior que levará a unha imbricación entre biblioteca e docencia que fará necesario adoptar estas medidas en cada biblioteca.
Situación actual A Universidade conta cunha serie de centros bibliotecarios e de acceso á información documental no que aparecen bibliotecas de facultade, bibliotecas intercentros organizadas cunha base territorial -aínda que ás veces coincidentes en parte cunha área de coñecemento-, e outros centros dispersos:
  • · Bibliotecas de facultade: Química, Económicas, Filoloxía, Xornalismo, Matemáticas, Bioloxía, Historia, Farmacia, EXB-Lugo
  • · Bibliotecas intercentros: Ciencias Sociais e Xurídicas, Física e Óptica, Medicina e Enfermería, Lugo, Filosofía-Educación-Psicoloxía
  • · Outros: Centro de Documentación Europea, Fonoteca, sala Aranzadi.
Problemas Falta de espazos, orzamentos insuficientes (sobre todo para pub. periódicas), usuarios insatisfeitos pola distancia do servizo. Propostas Ademais das bibliotecas intercentros de Lugo e Ciencias Xurídicas e Sociais, está xa aprobada a construcción dunha para Ciencias da Saúde e outra para Psicoloxía-Educación. Dado que este tipo de bibliotecas están a resolver os problemas de espazo tanto para postos de lectura coma para almacenamento de libros, e que estes son problemas comúns a todas as bibliotecas, o completar este tipo de bibliotecas agrupando as restantes en dúas bibliotecas intercentros máis parece un obxectivo a acadar. Pero este tipo de Bibliotecas tamén trae o problema do afastamento dos documentos de onde están os profesores e investigadores, cun significativo descenso do uso por parte deste colectivo. Por iso, haberá que adoptar solucións que aproximen o servizo a este tipo de usuarios, o que pode pasar por mellorar a oferta de servizos de documentos dixitalizados ata os despachos dos profesores, así como por aumentar da oferta de documentos vía web (revistas e libros on line), por regular mellor os préstamos de longa duración, mellorar a formación deste tipo de usuarios no aproveitamento de todo o que lle oferta a BUSC, e por prestar servizos documentais a "pé de obra".
  • Aumentar a oferta de documentos dixitais asumindo o consorcio BUGALICIA polo menos unha boa parte do seu custo, o que liberaría a presión nos orzamentos da Biblioteca das variacións de prezos das publicacións, pero tamén avaliando o uso desta de cara a unha mellor rendibilidade.
  • · Dotación de recursos electrónicos suficientes para que os usuarios poidan acceder e tratar a información electrónica nas propias bibliotecas, integrándoas como un elemento indispensable no uso das novas tecnoloxías na docencia.
  • · Adopción de medidas que posibiliten o traballo en grupos nas Bibliotecas, a dotación de espazos para a formación, a implicación dos servizos informáticos dos centros nas bibliotecas para acadar unha maior rendibilidade nos centros.
Cambio do peso do traballo do persoal bibliotecario, o traballo técnico de descrición e clasificación xa non debe ser o que prevaleza senón o traballo de información, asesoramento no uso desa información e formación para uns mellores resultados na sua busca, traballando moi estreitamente co persoal docente e investigador

No hay comentarios: