Tras un pequeno silencio de dous días, hoxe cremos oportuno continuar informando destes desacougantes sucesos…

A USC está a sofrer dende hai tempo un proceso de “alleameanto” ou “alienización”, así, aos poucos, estáse vendo inmersa nun continuo proceso de abduccións….
Abducción da pluralidade, da discrepancia, da crítica, das propostas alternativas…: A Abducción case total do debate, da participación, do interese e a vontade de sermos e sentirnos todos os membros de todos os sectores “arte e parte” na comunidade universitaria; expresarnos e opinar con liberdade sobre a propia USC, os seus fíns, os seus medios, o presente e o futuro…
Abducción soterrada dos propios fins da USC e do seu carácter público, montando “negocietes estranos” na docencia e na investigación: cantidades inxentes de cursos: de especialización, masters, posgraos… uni-emprende, uni-nova, uni-risco… Montando tamén “opacos” entramados na administración e servizos: Unixest, Xescampus, Unidixital, Unitenda. Todo con escaso, por non decir inexistente, control polos órganos da comunidade universitaria e posiblemente con moito rendemento para algúns, pero ningún para a nosa universidade pública….
Abducción da transparencia na xestión, especialmente na económica e na de PAS. Abducindo a información necesaria sobre as causas da débeda da USC para poder afrontar a súa solución con garantías e abducindo, nun tirar para adiante sen sentido, postos de traballo da RPT de PAS aínda hoxe non recuperados na súa totalidade e iso por que se viron obrigados a facelo pola “calamidade” dos seus propios erros….
Non te perdas nos proximos días os seguintes capitulos desta interesante investigación levada adiante por A TRABE coa colaboración especial dos especiais axentes de “casos especiais” ou “expedientes X”, Fox Mulder e Dona Dana Scully…
Segue atento día a día este blog, porque xa sabes… A verdade está alá fóra…. (Truth is out there)…