En segundo lugar tocan os BICOS DE AGRADECEMENTO para:

- todos vós polo voso seguimento e apoio
- todos os sufridores-membros das mesas de PAS que aguantaron antonte ata a unha da mañá para que todos poideramos saber os resultados de PAS, ao igual que os outros sectores.
- ás nosas duas compañeiras, Soledad Díaz Gay e Lucia Medina que, aínda que non saíron elixidas, traballaron coma os que máis para sacar este proxecto adiante. (Seguro que contaremos con elas para que sigan traballando na sombra)
- Manolo Barreiro, antigo PAS da USC, que traballou a reo de xeito absolutamente desinteresado para que todo isto funcionara.
- todos os que colaboraron con A Trabe dun xeito ou doutro.
E en terceiro lugar os resultados, que é o que a todos vos interesa. Fixemos varias taboas coa información que fomos recollendo para que vos fagades unha idea xeral de todo o proceso no relacionado co PAS:
- PARTICIPACIÓN
(A nosa participación, coma sempre, exemplar)
- ELECCIÓNS A REITOR NA USCE. VOTOS VÁLIDOS
(Nas eleccións a Reitor hai un censo de 35.340 votantes, dos cales só acudiron ás urnas 5.852, e destos, só votaron 2191 á candidatura de salvación nacional, é dicir, o 6'19 %).
Un gran éxito? Vosoutros xulgaredes.
E iso que houbo 1.470 votantes que votaron en branco e aos que o seu voto non se lles computou porque así aparece establecido especificamente no Regulamento Electoral da USC. Menos mal! Dirán algúns.
Trala análise da xornada, xa vistes que isto non foi coma o partido do Sevilla de antonte, aquí xuntáronse case todos os xogadores nun mesmo equipo, deixaron o outro só cos suplentes e aínda así gañaron nos penaltis.
- ELECCIÓNS A REITOR NO SECTOR PAS
(Á vista destos resultados está claro que o PAS non aproba a xestión realizada polo candidato Senén Barro, nin confía nel nin no seu contrincante para guiar á USC nos futuros catro anos)
- ELECCIÓNS AO CLAUSTRO. SECTOR PAS


Xa sabedes o que A Trabe significa e representa, e por ese motivo imos estar aí defendendo iso que apoiastes e votastes, e tamén imos poñer todo o noso empeño en que este Blog siga sendo o noso punto de información e encontro con todos vós.
P.D.: Se vos fixades na prensa, comprobaredes que non aparecen os resultados do PAS, ¿Porqué? Simplemente porque pretenden que sigamos sendo os incontables (os que contan que non contan). Ao estilo das castas da India, aquí na USC tambén hai diferentes castas e nosoutros somos, sen dúbida, a peorciña de todas. Antonte o importante era o reconto dos votos ás candidaturas a reitor e os diferentes resultados do profesorado nos centros, cando xa todos tiñan rematado, os PAS continuamos co reconto ata a unha da mañá. Para contar os seus votos (4500) teñen 100 ou 200 mesas espalladas por toda a USC e para contar os nosos de Compostela (723) tiñamos só dúas, e grazas, porque querían poñer só unha. A solución é ben fácil, se puxeran o dobre de mesas, catro, rematariamos na metade de tempo, é dicir, á mesma hora que os demais.
Un comentario á parte merecen as actuacións de:
- Antonio López, presidente da Comisión Electoral, por marcharse antes de tempo e deixar alí encargado ao Secretario Xeral da recollida das nosas actas. Se cadra estaba celebrando a pírrica victoria do seu candidato.
- Do Secretario Xeral en funcións, pretendendo marcharse tamén (¿a brindar cos seus colegas?) ás 11 da noite e deixarnos alí sós, que leváramos as actas a casa cando rematáramos o reconto e que as entregáramos ao día seguinte. Evidentemente o noso resultado xa non importaba, por algo somos os incontables.
6 comentarios:
Pois eu quería enviarlles un bico grande aos compañeiros/as que mantiveron un blog divertido, simpático, interesante, crítico, sinceiro e... atractivo. MUACS!!!!
somos nos os que os temos que agradecer todo o traballo e dedicación para que este blog fose o mellor da campaña. Seguide así.
Grazas a vós por ternos informados e entretidos. ¿que decir dos responsables da comisión electoral? É ben claro que somentes importa quen vai ser Reitor, os que o van a rodear no seu mandato, os pas e os estudantes (a pesares de ser maioría) importamos ben pouco. Seguide co Blo por favor, así teremos información de primeira mao do que acontece no claustro, e de cómo van ternos en conta os nosos "compañeiros" de ideoloxía.
Quero sumarme as felicitacións, polos bos resultados e polo moito e ben que traballastes. Cando se fai unha analise das eleccións nunca hai perdedores, todos gañan, pero visto o visto A Trabe si gañou e con ela todo o PAS pois estou convencida que seguiredes defendendo o mellor para o noso colectivo e tamén para seguir loitando por unha universidade pública e de calidade de verdade.
Eu tamén vos fellicito, vexo que tedes maioría de novo, non agardaba outra cousa! cando se ten unha traxectoria coma a do voso grupo, con tanto traballo e adicación os resultados son os que son. seguide con folgos e a poder ser resultados favorables para o pas.
Pelotas ...
Donde esta la sinceridad en el blog?
Yo solo veo parcialidad :-(
Publicar un comentario