Aquí vos iremos poñendo aqueles “jingles” ou “cancións publicitarias” da campaña eleitoral 2006 na USC que vaian acadando unha maior difusión por nº de ventas “piratas”, e dicir, no REI-TOP MANTA.
E para comezar nada mellor que a “Gozosa 'marcha'
Estouno facendo moi ben, moi ben,
Estouno facendo tan ben tan ben tan ben,
Que xa recibín parabéns de don Manuel…

e de toda a Xunta do PPé.
Sigue así e non pares, sigue Senén,
“afogando na miséria á USCé”
Estouno facendo moi ben, moi ben,
Estouno facendo moi ben moi ben moi ben,
recortando postos de traballo e inflando UNIXEST
inflando as contas das UNIS ás costas da USCé, …
E agóra que hai bi-partito na autoromía
Preséntome de novo, repetiría……
Aí imos tres nun burro con plataformas,
se o fixen tan ben sen cartos, como dicían,
coas sacas ben cheiñas ¡¡¡que non faría???¡¡¡
Coidadiño, coidado, coidado Nennngss,
Que non repita de reitor o Senénggg,
Que ten a testa moi erguida e os pés de barro,
e funde na miseria á USC….
1 comentario:
Sería moi interesante encontrar a algún voluntario que lle puxese voz e música, podía ser canción do verán ou estar nos 40 principales, quen sabe.
Publicar un comentario