22.5.06

MOMENTO DE ANÁLISE E DEBATE

Unha vez coñecidos os resultados e recompostos da resaca "electoral", chegou o momento de que participedes activamente neste blog.

Como xa dixemos noutras ocasións, a nosa intención é que o seu funcionamento sexa multidirecciónal, dende A TRABE hacia os PAS e demais membros da comunidade universitaria, e viceversa.

Non sabemos quen é o personaxe da viñeta, un PAS, Senén ou un estudante, en calquera caso, as preguntas que están no aire son moitas. Se queres dar resposta a algunha delas ou incluso plantexar máis, PARTICIPA DEIXÁNDONOS A TÚA OPINIÓN:
  • Que análise fas dos resultados?
  • Qué posibles escenarios se nos aveciñan?
  • Agora que Casares é claustral haberá unha oposición real ao goberno de liberación universitaria?
  • Seremos A TRABE e os CAF a única oposición, tal e como adiantaba algún xornal?
  • Ou, se cadra, non fará falla opoñerse a nada porque estaremos encantados do camiño emprendido polo novo goberno?
  • .........

Para romper o xeo, xa está colgado o primeiro comentario recibido ao respecto.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

UNHA LECTURA DOS RESULTADOS ELECTORAIS

Pasada 1 semana de resaca electoral, na que todos parece que celebraron o “seu éxito” (alá cada quen), hai que facer análise e empezar a falar do futuro.
Algunha das análises das eleccións a Reitor poden ser:
• Senén e o seu equipo gañan as eleccións grazas ó voto ponderado, en gran parte controlado e cautivo, do persoal docente funionario.
• Case 2/3 do PAS e dos alumnos que foron votar non optaron por Senén como xusto premio á sua actuación nos últimos 4 anos e especialemnte nos 2 últimos.

E delas poden tirarse estas duas posibles lecturas para o futuro:
1.- O persoal docente funcionario pasa factura do seu apoio maioritario e, dada a precaridade económica da Universidade, continúan a agrandarse as diferencias entre PDI e PAS: a) en número de persoal, agora mesmo a relación é de 1PDI/1PAS (si contamos neste ó persoal contratado con cargo a proxectos), cando as recomendacións da UE son de 1PDI/3PAS, e a media española é de 1PDI/1,5PAS ; b) o aumento de incentivos económicos vía complementos continuará a agrandarse a favor do colectivo PDI.
No que respeita ós servizos, Senén tivo o apoio maioritario nas áreas científico – tecnolóxicas, aquelas nas que o fenómeno chamado “externalización” tivo o seu arranque na USC, aquelas nas que a contratación con cargo a proxectos ten menos control e impide a aplicación dos acordos do Consello de Participación Sindical, en definitiva aquelas nas que a Universidade considerada Servizo Público e xestinada como unha Administración Pública está máis amenazada.
Con estas perspectivas e cun Reitor que, incluso no periodo preelectoral e de configuración de pactos, amosóu que o que lle interesa é a Cadeira por riba de todo, negros nubarróns se aveciñan.
2.- O Reitor, sobre todo o seu equipo, sacan outras leituras:
O voto branco foi casi ¼ do emitido, si éste se tivese en conta, aínda co voto ponderado, Senén non chegaría a ter o apoio da terceira parte do electorado que manifestóu o seu posicionamento indo a votar.
Hai que dar un cambio de temón na Universidade, non se pode gobernar co descontento do 75% do PAS que constitue a TRABE que aguanta este edificio. Tampouco mantendo uns alumnos e alumnas que non se sinten partícipes do rumbo que leva esta nave, e os que o fan tampouco queren seguir co actual capitán ó frente.
Con esta lectura, o novo goberno ten realmente en conta a tódolos sectores e opta polo rumbo que leve a unha Universidade Pública , con financiamento público e rexida polos principios do Dereito Administrativo, e pon os medios necesarios para ter uns Servizos ben dimensionados en dotacións materiais e humanas e para favorecer a presenza na Universidade dos alumnos con menos medios.
Para virar a este rumbo é fundamental a constitución dunha verdadeira área xerencial e a delimitación clara e precisa de ate onde chega a decisión política e onde comeza a xestión, cuestións esbozadas no programa do equipo encabezado por Senén, pero, probablemente, das menos concretadas das suas ducias de compromisos.

Anónimo dijo...

Na campaña electoral o candidato a Vicerreitor por Lugo na lista de Senén, Carlos Herrero, díxonos (a lo menos a algunhas) que eran conscientes de que o PAS saíra perxudicado pola situación destes últimon anos e que se tivera que dar prioridade a outros problemas, pero que AGORA LLE TOCABA Ó PAS.
Ben, agora que xa gañaron son eu a que lles digo que agora tócalles a eles demostrar o que promenten ...¿alguén o cre?

Pero non é o único desafío, a moitas gostarianos ver que non se repite o conto e o candidato Casares demostra que lle interesa a política universitaria facendo unha boa oposición durante os vindeiros catro anos, quizáis dese xeito poida ser un candidato máis creíble a próxima vez...

Anónimo dijo...

Creo que algo quedou claro trala celebración das eleccións, ou alguén, cando menos, quedou co cú ao aire.
UA tentou vender a moto pola USC adiante de que non lle quedaba máis remedio que pactar co inimigo se querían facer algo bo con esta universidade. Sen embargo, tralo reconto de votos puidemos ver como un candidato sen equipo, sen organización, sen historia, sen “ideoloxía”, sen todo, case lle come as papas ao tripartito universitario, ese que recolle a todos os grupos organizados de PDI.
Qué pasaría se UA tivera outro posicionamento?

En canto a este 25 % de voto en branco dicirlle a Senén que non tiña razón cando nos dixo na Fac. Políticas que o voto en branco podía interpretarse como que os dous candidatos eran tan bos que non nos dabamos decidido por ningún. Sinceramente penso que a maioría deles votou dese xeito porque os dous eran tan malos que non pagaba a pena darlles o voto, pero que si pagaba a pena desprazarse para dicirlles claramente:
“Imos votar, ímonos molestar igual que os demais, pero non vos imos dar o voto”
Lembrade cando estudabamos Filosofía no Bacharelato e mirade as premisas:
- A Trabe pide o voto en branco
- o 47 % do PAS vota en branco
- o 53 % do PAS vota A Trabe
CONCLUSIÓN: Eran tan bos, tan bos, que non nos dimos decidido. JA, JA.

Un asunto que creo que A Trabe debería abordar é o do computo do voto en branco. Un voto especificamente retirado do cómputo polo Regulamento Electoral da USC que non pola LOU. É un voto que debe ser tido en conta igual que os que se fan apoiando aos candidatos.

Anónimo dijo...

Á pregunta se serán os CAF e A Trabe a única oposición de Senen, pois poden ser oposición votando a xabarin ou en branco.

apertas

Anónimo dijo...

Olá

convocatoria de bolsas aulas informatica da usc.

http://www.usc.es/gl/servizos/rai/bolsas.jsp

Isto pode ser calquera cousa , menos unha bolsa de colaboración.


Xa vemos, bolsas para psotos de traballo encuberto.

habería que facer algo.

Anónimo dijo...

Cual es el puesto de trabajo encubierto que sustituye una beca de un aula de infiormatica?

Anónimo dijo...

A TRABE DEBE ABANDONAR AS POSTURAS PECHADAS.
A USC TEN QUE FORMULAR UNHAS NOVAS FORMAS DE FACER UNIVERSIDADE E HAI QUE CONTAR CO PARTIDO POPULAR REPRESENTADO POR MAYAN E BEGOÑA BARREIRO E TAMÉN OUTORS PERSOEIROS

Anónimo dijo...

a trabe terá moito que tragar,co goberno senen,pp,psoe e bloque.
a ver como defende aos pas

Anónimo dijo...

sobre as bolsas de informatica

a convocatoria esta na web da usc.
- proba de coñecemento (paquetes informaticos...)
-200 e algo euros ao mes
-incompatibilidade con outras actividades remuneradas
- horario

calquera sabe que as bolsas, son axudas (normalmente estudos) onde o único beneficiario é a persoa que a recibe e en definitiva a sociedade no futuro.

Estamos moi acostumados por inercia a que o que deberian ser postos de traballo os suplimos ou solucionamos con bolsas, bolsas e máis bolsas.

Ese estudante, bolseiro de informática, mentras desenvolve as súas actividades de bolseiro, se ten un accidente ... a tódolos efectos non é traballador nin ten seguro para esa actividade.¿Que pasaría?

Anónimo dijo...

Cando se analizan os resultados electorais é difícil evitar utilizar os datos segundo conveña para reforzar as posicións previas. Sen embargo sería un bo exercicio de honestidade tentar comparar os datos da maneira mais obxectiva posible. Despois xa se poderán interpretar e seguramente cadaquén sacará as mesmas conclusións que xa tiña previamente, mais será baixo a propia responsabilidade.
Nos datos sobre o resultado dos PAS non se compara os resultados do Claustro cos da elección ao Rector, porque deste xeito poderíase observar en que medida A Trabe tivo audiencia ás súas formulacións. Fagamos xa que logo ese exercicio :

Votos ao Claustro, introducindo os votos dos candidatos a Rector:
Votos ao Claustro en Santiago
1 DOVAL REY, XOSE ANXO 279
2 FREIRE RAMOS, XOSE ANTON 275
3 HERVES SAYAR, M ESTHER 265
4 PEREZ VISO, ALBERTO 254
5 VAQUERO QUINTELA, M ISABEL 252
6 SESTO GONTAN, M LOURDES 232
7 AROSA SALGADO, JOSE 226
8 GONZALEZ TORRE, M XESUS 223
9 CASTRO ALVAREDO, FRANCISCO 220
10 ROMERO MOSCONI, LUCIANO ALFRED 215
11 ARUFE VIDAL, JOSE RAMON 203
12 CARRAL LOPEZ, JOSE LUIS 197
13 FRAGA GONZALEZ, M ISABEL 190
14 ESPIÑEIRA REGUEIRO, M. CARMEN 190
15 CHEDAS HERVES, M. DOLORES 190
16 Senen Barro Ameneiro 189
17 BARREIRO GONZALEZ, AURELIO F 165
18 VAZQUEZ FERNANDEZ, EZEQUIEL 160
19 Juan Casares Long 157
20 LOPEZ GOMEZ, JAVIER 149
21 GARCIA DEL RIO, M ISABEL 136
Votos ao Claustro en Lugo
1 Senen Barro Ameneiro 59
2 TACON FERNANDEZ, ENRIQUE 51
3 PEREZ PEREZ, M ASUNCION 50
4 VILA ARIAS, LUIS 50
5 DIAZ GAY, SOLEDAD 43
6 MEDINA NAVARRO, LUCIA 41
7 Juan Casares Long 19

Se facemos unha análise global:
Porcentaxe sobre votantes Porcentaxe sobre censo
Maximo Trabe 329 41% 29%
Mínimo Trabe 231 29% 20%
Media Trabe Santiago 227 34% 23%
Media Trabe Lugo 45 36% 31%
Media Trabe 272 34% 24%
Senen Barro Ameneiro 248 31% 22%
Juan Casares Long 176 22% 15%
A porcentaxe sobre votantes está feita considerando que votaron o mesmo numero de persoas para Rector e para Claustro , xa que este ultimo dato curiosamente non aparece por ningures. Digo curiosamente porque esto permitiríanos saber os votos en branco para o Claustro. Pódese sen embargo facer unha aproximación.
Tendo en conta que cada votante pode emitir 15 votos en Santiago e 3 en Lugo, o numero total de votos posíbeis, supoñendo o mesmo numero de votantes para Claustro que para Rector seria:

Eleccions ao claustro Eleccions a rector Porcentaxe Eleccions ao claustro Porcentaxe Eleccions a Rector
Votos Totais 10360 799 100% 100%
Votos a candidaturas 6627 424 64% 53%
Brancos 3733 375 36% 47%

Dado que non sabemos con seguridade os votantes ao Claustro podemos facer a porcentaxe sobre o total do censo. Daquela seria:

Eleccions ao claustro Eleccions a rector Porcentaxe Eleccions ao claustro Porcentaxe Eleccions a rector
Votos Totais 15408 1152 100% 100%
Votos a candidaturas 6627 424 43% 37%
Brancos, abstencions e nulos 8781 728 57% 63%


Agora cadaquén poderá facer a valoración mais tendo en conta tamén a porcentaxe de rexeitamento ( ou voto branco ) que xeraron as candidaturas ao Claustro. ¿E significativo o aumento de voto branco e a diferencia de votos a candidatos entre as eleccións a Rector e ao Claustro? Aló cadaquén que o analice .

Poderase argumentar que non son comparábeis as eleccións a Rector e ao Claustro e é verdade mais daquela tampouco son comparábeis os votos do alumnado, do PAS e do profesorado porque as circunstancias de cada sector son moi distintas e o seu peso ponderado é diferente, polo que varia tanto o interese do propio sector como a campaña electoral entre o mesmo.
Sen embargo na análise da Trabe compáranse as porcentaxes de votos brancos para xustificar o éxito da súa proposta. Mais se se acepta entrar no xogo electoral haberá que facelo respectando as súas normas e se se ponderan os votos a candidatos haberá que ponderar os votos en branco e comparar as porcentaxes de participación nos distintos sectores co que é habitual neles.
Véxamos que ocorre se facemos a ponderación do voto branco:

Votos válidos ponderados nas eleccións a Rector
Votos a candidaturas 85%
Votos en branco 15%

Non fago a comparación para o sector do estudantado porque é realmente complexa mais veriamos se realmente hai diferencia de participación entre eleccións ao Claustro e a Rector ou se a participación foi moito menor que noutras universidades ou en eleccións anteriores

Pero, postos a comparar podemos facelo coas eleccións anteriores ao Claustro. ( Só puiden dispoñer dos datos do campus de Santiago no ano 2002 )


Numero do votos Porcentaxe sobre votantes Porcentaxe sobre censo
1998
( os dous campus ) 2002 2006 2002 2006 2002 2006
Maximo Trabe Santiago 325 307 279 46% 42% 31% 28%
Mínimo Trabe Santiago 221 213 190 32% 28% 21% 19%
Media Trabe Santiago 252 248 227 37% 34% 25% 23%



2002 2006
Brancos, abstencions e nulos 51% 59%


Pode verse que a respecto das anteriores eleccións ao Claustro houbo tanto un aumento do voto branco e a abstención como un descenso dos votos á Trabe de arredor do 10%. Os cadros están elaborados sobre a base de que os votantes e o censo fora o mesmo no ano 2002 e 2006 No ano 1998 é moi difícil facer porcentaxes porque se refire ao conxunto dos dous campus e o censo era bastante menor. En resumidas contas, o descenso pode ser maior.
Cada quen que faga as valoracións que estime oportuno mais a ser posible con todos os datos en riba da mesa. Eu non penso facelas. Agardo ter o sentidiño suficiente para non retrucar a quen se considera o/a único/a , o/a mellor, máis activo/a e rexo/a loitador/a contra os males da USC.
Só confío na reflexión persoal de cadaquén e en que se admita cando menos que hai moitos órganos de goberno e lugares de traballo nesta universidade e que non só coas intervencións no Claustro e no Consello de Goberno se cambia a USC.
Confío en que se pense que hai moitos xeitos de traballar por unha mellor universidade e que hai outra xente intentándoo aínda que non sexa tan “guay” como certo sector dos PAS.
En resumidas contas ,con independencia de que se tome nota do que ten pasado ate de agora e da historia de cadaquén ( que sempre serve para aprender ), confío en que se poñan mais esforzos en tratar de mellorar as cousas cara o futuro que en tratar de demostrar que se tiña razón no pasado.