3.5.06


Liña A Trabe - USCTour
3ª Parada: Casco Histórico
Percorrido: Lugo-Compostela-Claustro USC

COMO PODEDES COMPROBAR, OS NOVOS VIAXEIROS QUE VOS PRESENTAMOS HOXE VEÑEN EMPURRANDO CON FORZA, POLO QUE AOS VELLOS NOS LLES QUEDOU MÁIS REMEDIO QUE RECUAR AOS ASIENTOS TRASEIROS:

  1. Lourdes Sesto Gontán. A nosa anterior presidenta da Xunta de Persoal é actualmente vocal, e tamén aspira a formar parte do Claustro. Podemos atopala no Gabinete de Prensa pola mañá ou ben pola tarde representando algunha obra teatral na USC ou defendendo aos cores do noso equipo feminino de futbol.
  2. José Arosa Salgado. Xa formou parte da anterior representación da Trabe no Claustro durante o mandato de Senén e nesta ocasión aspira a repetir. Na actualidade ten destino no Servizo de Xestión de Persoal.
  3. Isabel Vaquero Quintela. Unha das nosas máis experimentadas candidatas nos órganos de representación. Pertenceu e pertence ao Comité de empresa e ao Claustro. Tamén foi representante dos PAS na Mesa do Claustro e actualmente é membro da Comisión de asesoramento do Valedor da Comunidade Universitaria. O seu destino está, como todos sabedes, no Servizo de Normalización Lingüística.

POUQUIÑO A POUCO VAISE FACENDO O CAMIÑO, E AÍNDA QUE SÓ LEVAMOS A METADE ANDADO XA TEMOS O AUTOBUS CHEO, ASÍ QUE MAÑÁ TEREMOS QUE CONTAR COA AXUDA DOUTRO PARA QUE RECOLLA AO RESTO DE COMPAÑEIROS.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vais a tener que comprar un autobús más grande ¿no?

Anónimo dijo...

Bonitiña viaxe a que estades a facer, deséxovos en verdade que sexa igual de bonita cando esteades a representarnos no claustro, o traballo que estades a facer ben o merece. Por certo ¿onde podo ver as duas paradas que xa fixestes? non tiven ocasión de velas no seu día.
Sorte a todos

Anónimo dijo...

Contestando á pregunta anterior, as paradas anteriores están visibles un pouquiño máis abaixo (no mesmo diario).
Esperamos que vos guste a todos.