4.5.06

04/05/2006

Pola parte que nos toca: Eleccións a Reitor

Senén Barro Ameneiro
é o actual reitor, o responsable máximo dos últimos catro anos dun goberno universitario nos que vivimos abocados a combatir casi día a día as súas decisións políticas: lembramos o Plan de PAS (a poítica de PAS en xeral); o non-xerente (tres anos en non-funcións); o caso da cuñadísima; os máis de 50 millóns de Euros de déficit; os esbozos de contabilidade creativa para disimulalos; a cobardía política frente ao goberno do partido popular e o seu estrangulamento financieiro sistemático e paulatino da USC; o PEEF para facer pagar aos de sempre a conversión do déficit en débeda; a fragmentación e mercantilización da USC ofrecida como golosina que xa paladean desde Universia as duplas Botín-Banco de Santander e Bill Gates-Microsoft, por exemplo; a calidade como lema valeiro e a universidade emprendedora como lema que empuxa a buscar no mercado á solución as penurias financeiras da universidade pública; Agís e o caso Elías como paradigma da prepotencia; etc, etc, etc.

É unha candidatura na que converxen todas as plataformas de PDI que existian ata agora (dereita, nacionalistas e progresistas, goberno e oposición, un revolto de difícil dixestión). Desde A Trabe sempre consideramos determinante definirse respecto dun modelo de universidade e desta acumulación de alternativas non é posible atisbar o modelo resultante. Artellada ademais baixo un candidato comprometido, como xa dixemos co pasado inmediato, non nos transmite credibilidade.


Por todo o dito, consideramos que o PAS non pode votar a este candidato e como, por limitacións legais, non podemos presentar un candidato a Reitor, mais ca de forma simbólica, a nosa opción nas eleccións a Reitor é: ¡VOTO EN BRANCO!. Participativo, activo, crítico, e a ser posible, coa vosa decisión, maioritario no colectivo PAS...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira ti, e eu que na miña cabeza xa andivera pensando no voto en branco e resulta que máis xente coincide co que eu pensaba. E logo por qué será?. Eu tomei hoxe a decisión, porque xa non tiña intención de votar a Senén, pero o de Casares aínda non o decidira, pero hoxe estiven ollando os debates que hai na web, e xa o decidín, unha opción e absolutamente imposible e a outra perigosamente perigosa. Definitivamente voto en branco.
Animádevos a facer comentarios, que se poden facer totalmente anónimos sin ningún problema.

Anónimo dijo...

E por qué non votamos ao Xabarín?